Seguimos con outros tres capítulos.
No 7, "Los soñadores", Levi está gravemente enfermo, e ademais de falar diso, volve a incluír unha nova colección de personaxes que bordean a tolemia, mesturada coa picaresca. Chama a atención o "doutor" Gotlieb.
Nalgún momento Levi escribe isto sobre os seus acompañantes alí na súa convalecencia:
"En las larguísimas tardes polacas, el aire del dormitorio, pesado de tabaco y de olores humanos, se saturaba de sueños insensatos. Éste es el fruto más inmediato del exilio, del extrañamiento: el predominio de lo irreal sobre lo real. Todos soñaban sueños pasados y futuros, de esclavitud y de redención, de paraísos inverosímiles: enemigos cósmicos, perversos y sutiles que todo lo penetran como el aire." (Páxina 102, na versión de Muchnik Editores, 1988.).
No 8, "Hacia el sur", os italianos do campo soviético son inopinadamente metidos nun tren para chegar a Odesa, porto ucraniano no Mar Negro. Miremos o mapa do final do libro para localizar as cidades do traxecto. Por suposto, non chegará ese tren ao seu destino, pero o que importa, cremos, son estas tres cousas: 1) a forma de proceder do "doutor" Gotlieb; 2) o medo que producía simplemenete escoitar a palabra "Stalin" (sobrenome que significa "Home de aceiro") na poboación soviética; e, sobre todo, 3) notar como por fin Levi comeza a recoñecer as garras irracionais e totalitarias do sistema soviético (presta atención aos detalles da viaxe, sobre todo cando Gotlieb desaparece misteriosamente e con cara de... pánico).
Neste enlace, se baixas un pouco, podes ver o mapa de Ucrania co mar Negro e Odesa. Se miras á parte superior, N.O. de Ucrania, en verde, verás as cidades de Lvov (que Levi e o seu mapa denominan Leópoli), e Ternopil algo máis á esquerda, que Levi e o seu mapa chaman Ternopol (con iso chega para ubicarnos, pero mira ben o mapa: son extensións enormes).
No 9, "Hacia el norte", temos dous momentos: primeiramente, a estancia durante días en Zmerinka, onde podemos contemplar a soldados prisioneiros alemáns abandonados sen máis e mortos de fame, humillados por un xudeu italiano, Daniele, e camiñando a catro patas diante del. Tamén a escena, terrorífica, das mulleres ucranianas que son traídas de volta desde Alemaña polo réxime estaliniano, con destino descoñecido e probablemente o peor (¿Gulag?).
O segundo momento é, unha vez subidos de novo ao tren, no final do traxecto, ao norte (ver mapa do final do libro). Fóra de todo, europeos de todas as nacionalidades son concentrados lonxe de calquera porto de mar que prometa a volta a casa, nun vello cuartel do exeŕcito soviético destruído pola guerra. Alí, ao día seguinte da noite da chegada, Levi atopa de novo ao grego Mordo Nahum...(ver capítulo 3 e o comentario de Violeta do día 30 de marzo, Entrada nº 8), que se dedica agora á prostitución no propio campo de concentración, sen problema algún coas autoridades soviéticas do campo. Levi, claro é, rexeita a invitación de Mordo Nahum, vítima dos nazis e agora explotador de mulleres, coa vista gorda dos soviéticos, tamén clientes do seu negocio, por certo (de todas formas, o Exército Vermello da URSS e Stalin ten algo moitísimo peor sobre si que o miserable Mordo dedicándose ao negocio da prostitución: mira, pero advertimos que non é agradable. Se disto se fala pouco, é porque a guerra cóntaa quen vence, non o vencido).