xoves, 21 de novembro de 2019

Entrada V: a segunda reunión

   O día 21 de novembro, xoves, no recreo, tivemos a nosa segunda reunión. Estivemos case todos..., menos V., a causa dun lamentable malentendido que esperamos non volva a suceder.
   Tocaba falar dos seis capítulos do medio do libro, desde "O traballo/El trabajo" ata "O canto de Ulises/El canto de Ulises", ambos incluídos, todos eles de gran interese. Probablemente foi co último co que estivemos non tanto en desacordo entre os presentes como máis ben un tanto desconcertados, pois o capítulo baséase nun canto de "A (Divina) Comedia", de Dante, o canto de Ulises. Pese aos nosos esforzos deberíamos talvez acudir á obra de Dante buscando o fondo do capítulo de Levi...

   A seguinte reunión quedou para dentro de dúas ou tres semanas, tamén en xoves, en principio. Veremos entón o resto dos capítulos do libro, excluíndo pois o "Apéndice de 1976".

xoves, 7 de novembro de 2019

Entrada IV: a primeira reunión

   O xoves día sete de novembro, no recreo, tivo lugar o primeiro encontro para falar dos primeiros cinco capítulos de Se isto é un home/Si esto es un hombre.
   Estabamos os seis membros na aula de primeiro B de bacharelato, e foron aparecendo temas: a viaxe en tren de Italia a Auschwitch, a diferencia entre os SS e a Wehrmacht, a diferencia entre a SS e a SA, se a humillación no campo era a conciencia ou non, os soños dos prisioneiros de noite, a necesidade de lavarse e asearse cada día aínda que a auga fora asquerosa e non potable, o porqué de deixar no texto palabras en alemán e en yiddish, etc.
   Foi un primeiro momento de contacto e a posta e marcha do club.
   Quedamos para dentro de dúas semanas, o xoves 21, no recreo, se todo vai ben. Para entonces teremos lidos os seis capítulos que seguen, ata "O canto de Ulises" incluído.

venres, 1 de novembro de 2019

Entrada III: diferencia entre campo de concentración nazi e campo de exterminio


  Para ver a diferencia, PREME AQUÍ.

   Para ver  mapa dos campos de concentración e exterminio nazis, PREME AQUÍ.

   Para ver o plano do campo de exterminio de Primo Levi, o de Auswitz, probablemente o máis coñecido (por desgracia), PREME AQUÍ.