Metamos agora un par de enlaces para escoitar cancións sefarditas, nese castelá, arcaico tan suxestivo:
1) Canción composta pola sefardita nacida en Bosnia (nos Balcáns) e residente en EE UU, Flory Jagoda, "La yave de Espanya" (podes ler os carteis que leva dentro o vídeo: os xudeos expulsados polos Reis Católicos no XV levaron consigo a chave da súa casa, e teñen aínda tal chave na actual. "Nonos" significa "avós"): PREMEMOS AQUÍ, por favor;
2) canción de sefarditas ubicados en Turquía, que non é Grecia, certamente (tampouco Bosnia é Grecia), pero a canción merece a pena: "La prima vez". PREMEMOS AQUÍ, por favor.
(Se queremos escoitar cancións sefarditas, basta con escribir en YouTube iso e temos un montón, se ben non todas con bos arranxos, ollo con iso).
E ben, de que podemos falar-escribir neste blog en forma de comentarios anónimos ou firmados co teu nome? Supoño coñecemos todos como funciona iso nun blog, así que mellor dicir de que cousas se pode escribir, por si alguén está bloqueado:
- Podemos escribir hoxe ou mañá, ou pasado, ou o outro, sobre as diferencias entre o libro anterior e éste: de estilo, de calidade, de ritmo, de detalle, do que sexa.
- Podemos escribir, e contestar ao que outros escriban, sobre determinadas frases deses capítulos que vexamos como de interese polo que sexa: podémolas reproducir entre comiñas, se queremos, para que quede máis claro.
- Podemos escribir sobre determinadas situacións descritas por Levi nestes capítulos, e falar do que opinamos delas, e montar a partir de aí un diálogo entre varios.
- Ou de persoas concretas que aparecen gracias á pluma de Levi, e escribir sobre as súas actitudes, reaccións, medos, caracteres, psique, etc. Dá para moito, porque hai xente para dar e tomar nesas páxinas.
- Podemos escribir de..., do que queiras, en realidade, como buscar relacións con novelas da picaresca española, ou con outros libros sobre a II Guerra Mundial, ou con películas, ou series, ou cómics, ou cousas que sucederon na túa vida ou están a suceder... agora.
- Ou preguntar dúbidas ao resto dos que conformamos este club: dúbidas sobre como entender tal pasaxe, ou tal detalle, etc.
- Etc.
Ben, pois imos entón a ler e escribir, con liberdade, sobre todo iso e máis. Se alguén quere "unha opinión", posiblemente non compartida por moitos, eu creo (opino) que esta obra está mellor escrita que a anterior (tamén é dos anos 61-62, e Levi xa era un escritor máis veterano, máis curtido), en estilo, en detalles, en descripcións. Estamos de acordo, ou non?