De novo.
Para facer a derradeira reunión dedicada ao primeiro libro deste club, houbo problemas (datas de exames, xa se sabe), polo que a data en principio sinalada tivo lugar, e logo outros dous días máis, No primeiro vímonos tres persoas, incluído o plumífero que escribe, pero soamente unha delas (plumífero excluído) lera case todos os capítulos apalabrados; na segunda, non apareceu ninguén; na terceira (á terceira vai a vencida), acudiron dúas persoas (e quen escribe, claro), e por unha vez non soamente tiñan lido todos os capítulos, senón parte do "Apéndice" posterior escrito anos despois polo autor. Todo isto no prazo dunha semana ou menos.
En definitiva, dun xeito ou outro, rematados a primeira obra e falamos dela, se non todos, polos menos algúns.
Nesa reunión por etapas, falamos, desde logo, dos últimos días de terror pánico no que quedaba do campo unha vez os soviéticos ameazaban con chegar e os alemáns facían a súa retirada con non poucos inconvenientes. É probablemente a parte máis difícil de esquecer e a máis rechamante en moitos sentidos. Certas respostas no "Apéndice" posterior resolven algunhas das dúbidas que xeran a lectura da obra, ou satisfacen a curiosidade de saber que foi de Mengano ou Zutano anos despois da guerra, e se o autor mantivo contactos con eles ou non, e por que.
Damos pois por remada esta obra neste club. A obra que segue é La tregua, despois de nadal; data sen fixar aínda.
Blog do Club de Lectura do IES Afonso X O Sabio. Curso 19-20. Departamento de Filosofía. Temos aberto o blog/club a calquera persoa.
sábado, 21 de decembro de 2019
xoves, 21 de novembro de 2019
Entrada V: a segunda reunión
O día 21 de novembro, xoves, no recreo, tivemos a nosa segunda reunión. Estivemos case todos..., menos V., a causa dun lamentable malentendido que esperamos non volva a suceder.
Tocaba falar dos seis capítulos do medio do libro, desde "O traballo/El trabajo" ata "O canto de Ulises/El canto de Ulises", ambos incluídos, todos eles de gran interese. Probablemente foi co último co que estivemos non tanto en desacordo entre os presentes como máis ben un tanto desconcertados, pois o capítulo baséase nun canto de "A (Divina) Comedia", de Dante, o canto de Ulises. Pese aos nosos esforzos deberíamos talvez acudir á obra de Dante buscando o fondo do capítulo de Levi...
A seguinte reunión quedou para dentro de dúas ou tres semanas, tamén en xoves, en principio. Veremos entón o resto dos capítulos do libro, excluíndo pois o "Apéndice de 1976".

xoves, 7 de novembro de 2019
Entrada IV: a primeira reunión
O xoves día sete de novembro, no recreo, tivo lugar o primeiro encontro para falar dos primeiros cinco capítulos de Se isto é un home/Si esto es un hombre.
Estabamos os seis membros na aula de primeiro B de bacharelato, e foron aparecendo temas: a viaxe en tren de Italia a Auschwitch, a diferencia entre os SS e a Wehrmacht, a diferencia entre a SS e a SA, se a humillación no campo era a conciencia ou non, os soños dos prisioneiros de noite, a necesidade de lavarse e asearse cada día aínda que a auga fora asquerosa e non potable, o porqué de deixar no texto palabras en alemán e en yiddish, etc.
Foi un primeiro momento de contacto e a posta e marcha do club.
Quedamos para dentro de dúas semanas, o xoves 21, no recreo, se todo vai ben. Para entonces teremos lidos os seis capítulos que seguen, ata "O canto de Ulises" incluído.

venres, 1 de novembro de 2019
Entrada III: diferencia entre campo de concentración nazi e campo de exterminio
Para ver a diferencia, PREME AQUÍ.
Para ver mapa dos campos de concentración e exterminio nazis, PREME AQUÍ.
Para ver o plano do campo de exterminio de Primo Levi, o de Auswitz, probablemente o máis coñecido (por desgracia), PREME AQUÍ.
xoves, 31 de outubro de 2019
Entrada II: ¿que era a resistencia partisana en Italia?
Aquí temos un enlace para saber un pouco máis sobre iso: CLIC.
E aquí a opinión do propio Primo Levi respecto ao seu papel dentro da resistencia: CLIC:
domingo, 27 de outubro de 2019
Entrada I: inicio do Club de Lectura 2019-20
Ola. Comezamos un novo Club de Lectura composto por cinco persoas de primeiro de bacharelato e un docente do Departamento de Filosofía do IES Afonso X O Sabio (A Barcala, Cambre).
Leremos dous libros da coñecida e recoñecida "Triloxía de Auschwitz", do escritor e químico italiano Primo Levi.
Teremos as reunións nos recreos dos xoves ou venres, previo aviso e acordo entre todos. Comezaremos pola lectura de "Si esto es un hombre/Se isto é un home", e en principio temos que ler xa os primeiros cinco capítulos, ata "Nuestras noches/As nosas noites" incluído, por favor.
Benvidos. Se alguén quere unirse "desde fóra" do IES vía blog, mellor que mellor.
Calquera comentario que se queira escribir aquí, firmado ou anónimo, é parte do que pretendemos. Non é necesario polo tanto escribir o teu nome se non queres.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)